lunes, 28 de diciembre de 2015

 O 28 de Novembro finou   Xosé Niera Vilas, un escritor excepcional.


 Memorias dun neno labrego, foi a obra coa que se deu a coñecer na literatura infantil  .Na actualidade é a obra  da literatura galega  máis vendida e traducida  todos os tempos. 

Na nosa biblioteca tivemos o privilexio de falar con él e @s nenos/as aproveitaron para que lle  firmase   exemplares do libro.

En palabras do propio autor "Eu só quería contar o que pasaba na aldea, fronte á visión idílica, bucólica e humorística que había". Sen máis. Así respondía Neira Vilas cando lle preguntaban por Memorias dun neno labrego e pola feliz excepción na nosa literatura que supoñen os seus 600.000 exemplares vendidos.
Fonte: http://praza.gal/cultura/10651/xose-neira-vilas-a-memoria-dos-lninguenr/







domingo, 20 de diciembre de 2015

jueves, 19 de noviembre de 2015

VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

Nos vindeiros 20 e 21 de novembro celebraranse en Compostela as VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, unha actividade de formación permanente do profesorado, organizada conxuntamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de bibliotecas escolares, e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (a través do CAFI). Agárdase a asistencia dun milleiro de profesoras e profesores de toda Galicia, coma en anos anteriores. 
O programa previsto contempla un bo feixe de experiencias de bibliotecas escolares galegas que funcionan como "bases de exploracións", en alusión ao lema da campaña de bibliotecas escolares deste curso 2015/2016, así como experiencias de traballos por proxectos coordinados por distintas bibliotecas escolares. Acudirán, así mesmo, expertos de distintos ámbitos que axudarán á reflexión sobre os novos retos que deben enfrontar as bibliotecas escolares e os centros, en definitiva, para facilitar a adquisición das competencias clave por parte do alumnado, tendo nas bibliotecas escolares o gran aliadhttps://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/811o. Carlos MagroXurxo MariñoGuadalupe JoverFelicidad Campal, Rosa Piquín e Ana Siro acompañarán ao profesorado galego nesta cita anual para o intercambio de experiencias, a análise o desenvolvemento de recursos para unha mellor práctica. 

FONTE: https://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/811

viernes, 6 de noviembre de 2015

DÍA CIENCIA EN GALEGO

A Semana da Ciencia de este ano xirou en torno a dúas conferencias preparadas e impartidas  polo alumnado de 5º e 6º baixo a coordinación do profesorado.

A temática e  distribución  foi a seguinte:

5º: .............................................................Ano 2015 ano internacional da Luz.
6º..............................................................Biografía de Isidro Parga Pondal.
Para  preparar ditas conferencias utilizaron os ordenadores e libros da biblioteca, utilizándoa como fonte de exploración.

VER FOTOS 
                                                                                                                                      

martes, 27 de octubre de 2015

RECURSOS SAMAIN

Ravertiña pon á vosa disposición recursos  relacionados co Samain:

Cantigas, cirtametraxes,audicións musicais....




Durante o Samain en colaboración coas familias os nenos e nenas elaboraron manualidades relacionados coa temática utilizando a zona de consulta da biblioteca buscando en fondos bibliográficos ou a través de internet.
Tamén se preparou unha  exposición de libros relacionados coa temática para dinamizar a lectura.

VER FOTOS

jueves, 8 de octubre de 2015





O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.(Bibliotecas escolares de Galicia)


A zona de consulta é moi importante xa que permite afondar e investigar nos distintos campos do saber, C sociais, C.Naturais, Arte, música deporte... ciencias aplicadas.

Hai que recordar que os libros na biblioteca clasificánse según a súa temática. A este método de clasificación chámase CDU.

ACCESO AO CATÁLOGO DA BIBLIOTECA: ACCEDER





OUTONO LITERARIO:



Durante  o mes do outubro damos a benvida ao outono coa dinamización de biblioteca denominada  "Outono Literario". Durante todo o outono realízanse exposicións de libros de poesía, contos, fábulas, teatro, clásicos literarios, adiviñas, cantigas....

Durante a   semana do 19 ao 23  de outubro durante a hora de ler,  todos os cursos de primaria realizarán na biblioteca  recitados  de cantigas,poemas, adiviñas, refráns,contos, fábulas e rimas... 
Será  unha boa ocasión para potenciar a expresión oral, falar en público e utilizar a biblioteca como fonte de exploración.

VER FOTOGRAFÍAS