martes, 27 de octubre de 2015

RECURSOS SAMAIN

Ravertiña pon á vosa disposición recursos  relacionados co Samain:

Cantigas, cirtametraxes,audicións musicais....




Durante o Samain en colaboración coas familias os nenos e nenas elaboraron manualidades relacionados coa temática utilizando a zona de consulta da biblioteca buscando en fondos bibliográficos ou a través de internet.
Tamén se preparou unha  exposición de libros relacionados coa temática para dinamizar a lectura.

VER FOTOS

jueves, 8 de octubre de 2015





O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.(Bibliotecas escolares de Galicia)


A zona de consulta é moi importante xa que permite afondar e investigar nos distintos campos do saber, C sociais, C.Naturais, Arte, música deporte... ciencias aplicadas.

Hai que recordar que os libros na biblioteca clasificánse según a súa temática. A este método de clasificación chámase CDU.

ACCESO AO CATÁLOGO DA BIBLIOTECA: ACCEDER





OUTONO LITERARIO:



Durante  o mes do outubro damos a benvida ao outono coa dinamización de biblioteca denominada  "Outono Literario". Durante todo o outono realízanse exposicións de libros de poesía, contos, fábulas, teatro, clásicos literarios, adiviñas, cantigas....

Durante a   semana do 19 ao 23  de outubro durante a hora de ler,  todos os cursos de primaria realizarán na biblioteca  recitados  de cantigas,poemas, adiviñas, refráns,contos, fábulas e rimas... 
Será  unha boa ocasión para potenciar a expresión oral, falar en público e utilizar a biblioteca como fonte de exploración.

VER FOTOGRAFÍAS